Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Luns, 21 de novembro de 2016 Páx. 52036

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable

RESOLUCIÓN do 7 de novembro de 2016 pola que se anuncia a formalización do servizo consistente na evolución funcional e tecnolóxica do Sistema de licitación electrónica da Xunta de Galicia (Silex) e adaptación á Lei 14/2013, do 26 de decembro, de racionalización do sector público autonómico, mediante tramitación documentalmente simplificada.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable, Cixtec.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Xestión Económica e Réxime Interno do Cixtec.

c) Número de expediente: 2016-024.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.cixtec.es

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: servizo consistente na evolución funcional e tecnolóxica do Sistema de licitación electrónica da Xunta de Galicia (Silex) e adaptación á Lei 14/2013, do 26 de decembro, de racionalización do sector público autonómico, mediante tramitación documentalmente simplificada.

c) CPV: 72212000-4.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia.

e) Data de publicación do anuncio de licitación: 10.8.2016.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 78.750,00 €.

5. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: 78.750,00 €.

b) Importe total: 95.287,50 €, distribuído nas seguintes anualidades:

Exercicio 2016: 31.762,50 €.

Exercicio 2017: 63.525,00 €.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 26.10.2016.

b) Data de formalización do contrato: 2.11.2016.

c) Contratista: Altia Consultores, S.A.

d) Importe ou canon de adxudicación: importe neto: 73.276,88 €. Importe total: 88.665,02 €, distribuído nas seguintes anualidades:

Exercicio 2016: 29.555,01 €.

Exercicio 2017: 59.110,01 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta máis vantaxosa unha vez aplicados os criterios de valoración recollidos no prego.

Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2016

M. Mauro Fernández Dabouza
Director xeral do Centro Informático para a Xestión Tributaria,
Económico-Financeira e Contable