De conformidade co establecido no artigo 51 do Real decreto 1451/2005, do 7 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de ingreso, provisión de postos de traballo e promoción profesional do persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza, e na Resolución do 18 de abril de 2016, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convoca concurso de traslados para a provisión de postos de traballo xenéricos vacantes no Instituto de Medicina Legal de Galicia para o corpo de médicos forenses (BOE/DOG do 31 de maio), esta dirección xeral
ACORDA:
Resolver o concurso de traslados declarando desertos os postos de traballo ofertados na convocatoria, por falta de solicitudes dos postos vacantes.
Contra a presente resolución poderase interpor recurso potestativo de reposición ante a Dirección Xeral de Xustiza no prazo dun mes, segundo o establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben recurso contencioso-administrativo ante os xulgados competentes do contencioso-administrativo no prazo de dous meses, segundo o disposto nos artigos 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, ambos os prazos contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
Santiago de Compostela, 28 de outubro de 2016
Juan José Martín Álvarez
Director xeral de Xustiza