Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Luns, 28 de novembro de 2016 Páx. 52839

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 9 de novembro de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia no expediente en materia de residuos CO-RES-2016-0060.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázase o interesado que se sinalan no anexo para ser notificado por comparecencia segundo o disposto no artigo 46.

O acto foi adoptado pola xefa territorial.

A comparecencia deberase efectuar, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura Territorial, sita no Edificio Administrativo Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2-5º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

A eficacia do presente anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

A Coruña, 9 de novembro de 2016

Cristina Carrión Rodríguez
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: CO-RES-2016-0060.

Interesado: Regino Mendes.

Acto notificado: resolución.