Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Luns, 28 de novembro de 2016 Páx. 52851

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 17 de novembro de 2016, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica o acordo de incoación de expediente de caducidade do permiso de investigación Picoto da Raposa número 5063, titularidade de Cuarzos Granulados, S.L. no concello da Mezquita (Ourense) e Pías e Lubián (Zamora).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle a sociedade Cuarzos Granulados, S.L. con último enderezo coñecido no polígono industrial As Lagoas, estrada Narón-Cedeira, 15540 Narón (A Coruña), como titular, o acordo de incoación de expediente de caducidade do permiso de investigación Picoto da Raposa nº 5.063, pola causa prevista na Lei de minas do 21 de xullo de 1973 (artigo 18.2 e 83.4), e do Regulamento xeral para o réxime da minaría do 1978 (artigo 31.2 e 106, letra d).

Os interesados dispoñen dun prazo de vinte días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, para formular as alegacións e presentar os documentos e xustificación que consideren oportunos na súa defensa, de conformidade co establecido no artigo 82.2 da citada Lei 39/2015. No suposto de non efectuar alegacións no prazo indicado, o acordo de incoación do expediente de caducidade consideraráse como proposta de resolución.

Ourense, 17 de novembro de 2016

Alfonso Tomás Paz Doniz
Xefe territorial de Ourense