Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Luns, 28 de novembro de 2016 Páx. 52895

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO de modificación das bases reguladoras do concurso ordinario para a provisión de diversos postos de traballo da relación de postos de traballo.

Con data do 2 de setembro de 2016 (corrección de erros do BOP do 16 de setembro), publicáronse no Boletín Oficial da provincia as bases reguladoras do concurso ordinario para a provisión de diversos postos de traballo da relación de postos de traballo da Deputación Provincial de Ourense. Posteriormente, e con data do 21 de setembro de 2016, o Diario Oficial de Galicia publicou o anuncio correspondente ás devanditas bases.

Con data do 5 de outubro de 2016, no seo da Mesa Xeral de Negociación da Deputación, deuse conta do estado de tramitación dos concursos ordinarios, así como de diferentes propostas presentadas co obxectivo de modificar a convocatoria realizada.

Do que se trata fundamentalmente é de retirar da convocatoria determinados postos de chóferes, condutores de maquinaria e operarios de recolla de lixo para nun futuro realizar unha modificación dos requisitos de acceso aos postos de traballo no relativo ás categorías profesionais. Á vista das propostas realizadas, e logo de ser analizadas pola Dirección Xeral de Recursos Humanos, considérase conveniente realizar esa modificación da convocatoria, consistente en retirar do concurso convocado unha serie de postos de traballo e, posteriormente, modificar a relación de postos de traballo na parte de categorías profesionais que acceden a cada un dos postos convocados.

En consecuencia, procedemos a deixar sen efecto a convocatoria do concurso ordinario para a provisión de diversos postos de traballo na relación de postos de traballo da Deputación Provincial de Ourense publicada no Boletín Oficial da provincia do 2 de setembro (corrección de erros do 16 de setembro de 2016), así como no Diario Oficial de Galicia do 21 de setembro e efectuar unha nova convocatoria conforme as bases reguladoras do concurso ordinario para a provisión dos postos de traballo aprobadas por Resolución do 6 de outubro de 2016.

No BOP de Ourense do 24 de outubro de 2016 publicáronse íntegras as bases da nova convocatoria mediante concurso ordinario, para a provisión de diversos postos de traballo na RPT da Deputación Provincial de Ourense.

Os postos que se convocan son os seguintes:

– Un (1) posto de oficial de administración do Servizo de Recursos Humanos, Formación e Réxime Interior.

– Un (1) posto de capataz da brigada de conservación e mantemento.

– Tres (3) postos de operario da brigada de conservación e mantemento.

– Un (1) posto de xestor de formación do Negociado de Formación.

– Un (1) posto de auxiliar de oficina do Gabinete de Prevención de Riscos Laborais.

– Un (1) posto de auxiliar de oficina do Negociado de Subministracións e Servizos.

– Un (1) posto de oficial de administración do Negociado de Concursos.

– Un (1) posto de oficial de administración do Negociado de Arquivo.

– Un (1) posto de auxiliar de arquivo do Negociado de Arquivo.

– Un (1) posto de xefe do Negociado de Publicacións.

– Un (1) posto de auxiliar de servizos do Negociado de Publicacións.

– Un (1) posto de técnico de fiscalización da xestión orzamentaria e contable da Área de Facenda-Intervención.

– Un (1) posto de oficial de control de entidades dependentes da Área de Facenda-Intervención.

– Un (1) posto de auxiliar de oficina da Sección de Ingresos Xerais.

– Un (1) posto de oficial de administración da Sección de Gastos.

– Un (1) posto de oficial de administración do Negociado de Xestión Tributaria.

– Un (1) posto de xefe do equipo de mecánica do Taller de Maquinaria.

– Un (1) posto de chapista do Taller de Maquinaria.

– Un (1) posto de axudante de taller do Taller de Maquinaria.

– Un (1) posto de operario de báscula portátil e aparellos de medición do Equipo de Estudos de Tráfico e Seguridade Viaria.

– Un (1) posto de vixilante de liñas da Sección de Conservación e Explotación.

– Un (1) posto de legoeiro de apoio do Negociado de Vixilancia de Obras nº 1.

– Un (1) posto de capataz da Brigada de Regas Especias.

– Un (1) posto de legoeiro da Brigada de Regas Especiais.

– Un (1) posto de oficial de brigada da Brigada de Regas do Carballiño-O Ribeiro.

– Un (1) posto de legoeiro da Brigada de Regas do Carballiño-O Ribeiro.

– Un (1) posto de capataz da Brigada de Regas da zona Noroeste.

– Dous (2) postos de legoeiro da Brigada de Regas de Ourense.

– Un (1) posto de legoeiro da Brigada de Obras de Muros de Ourense.

– Dous (2) postos de legoeiro da Brigada de Obras de Fábrica Norte.

– Un (1) posto de legoeiro da Brigada de Obras de Fábrica Oeste 1.

– Un (1) posto de capataz da Brigada de Obras de Fábrica Oeste 2.

– Un (1) posto de legoeiro da Brigada de Obras de Fábrica Oeste 2.

– Un (1) posto de legoeiro da Brigada Volante.

– Un (1) posto de xefe do Equipo de Retén de Emerxencias Zona 1.

– Un (1) posto de oficial do Equipo de Retén de Emerxencias Zona 1.

– Dous (2) postos de legoeiro da Brigada de Regas de Valdeorras.

– Dous (2) postos de legoeiro da Brigada de Regas de Viana.

– Dous (2) postos de legoeiro da Brigada de Regas de Terra de Trives.

– Un (1) posto de legoeiro da Brigada de Regas da Limia.

– Un (1) posto de legoeiro da Brigada de Obras de Fábrica Sur 2.

– Un (1) posto de xefe do Equipo de Retén de Emerxencias Zona 2.

– Un (1) posto de oficial do Equipo de Retén de Emerxencias Zona 2.

– Un (1) posto de axudante de supervisión do Negociado de Inspección de Obras.

– Dous (2) postos de legoeiro de apoio do Negociado de Topografía e Delineación.

– Un (1) posto de capataz de maquinaria de RSU do Negociado de Servizos Intermunicipais.

– Catro (4) postos de chófer-operario de recolla de lixo do Equipo de Recollida Selectiva.

– Un (1) posto de chófer-operario de recolla de lixo do Equipo de Cooperación e Unidades de Xestión.

– Dous (2) postos de operario lavacontedores do Equipo de Cooperación e Unidades de Xestión.

– Nove (9) postos de chófer-operario de recolla de lixo do Equipo de Relevos.

– Un (1) posto de capataz de zonas verdes do Negociado de Zonas Verdes.

– Dous (2) postos de operario de zonas verdes do Negociado de Zonas Verdes.

– Un (1) posto de técnico asesor de avaliación ambiental do Negociado de Avaliación e Calidade Ambiental.

– Un (1) posto de operario do centro de recollida de animais abandonados da Limia da Rede de Centros de Recollida de Animais Abandonados.

– Dous (2) postos de operario do centro de recollida de animais abandonados do Carballiño da Rede de Centros de Recollida de Animais Abandonados.

– Dous (2) postos de operario do centro de recollida de animais abandonados da Baixa Limia da Rede de Centros de Recollida de Animais Abandonados.

– Dous (2) postos de operario do centro de recollida de animais abandonados de Valdeorras da Rede de Centros de Recollida de Animais Abandonados.

– Un (1) posto de peón agrícola da granxa de Armariz.

– Tres (3) postos de porteiro-operario de servizos varios do Equipo de Portaría e Limpeza do Centro Cultural Marcos Valcárcel.

– Un (1) posto de rexente do Teatro Principal.

– Un (1) posto de auxiliar de oficina do Teatro Principal.

– Un (1) posto de porteiro da Escola de Gaitas.

– Un (1) posto de encargado do Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo Fernández.

– Catro (4) postos de operario de servizos varios do Servizo de Deportes.

– Un (1) posto de xefe do Negociado de Transparencia e Información Cidadá.

– Un (1) posto de auxiliar de oficina do Negociado de Transparencia e Información Cidadá.

– Un (1) posto de auxiliar de oficina do Gabinete de Presidencia.

– Un (1) posto de oficial de administración do Parque Móbil e de Maquinaria.

– Un (1) posto de axudante de maquinaria do Parque de Maquinaria.

As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación durante o prazo dos 15 días naturais seguintes ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOE, en modelo oficial que se facilitará no Negociado de Control e Administración do Servizo de Recursos Humanos. Así mesmo, poderán presentarse na forma que determina o artigo 16 da Lei 39/2015.

A Deputación facilitará copia das bases e modelo oficial de solicitudes nas oficinas do Rexistro Xeral, rúa do Progreso, 32 (Ourense) e tamén desde a páxina web
www.depourense.es

Os sucesivos anuncios relativos a esta convocatoria publicaranse exclusivamente no taboleiro provincial de edictos en todo caso, na páxina web www.depourense.es, e no BOP de Ourense cando proceda de conformidade coas bases do procedemento.

Publícase isto de conformidade co disposto no artigo 233.3 da Lei 5/1997, da Administración local de Galicia.

Ourense, 27 de outubro de 2016

José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense