Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Luns, 28 de novembro de 2016 Páx. 52825

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (786/2013).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 786/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Manuel Barreiro Vigo contra Restauración de Tejados y Fachadas de Galicia, S.L., Fogasa sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Que estimando integramente a demanda interposta por José Manuel Barreiro Vigo, contra Restauración de Tejados y Fachadas de Galicia, S.L., debo condenar e condeno a mercantil demandada a que lle aboen ao demandante a suma de 3.636,24 euros, polos conceptos indicados no feito probado terceiro desta sentenza, máis o xuro do artigo 29.3 do ET sobre os conceptos salariais (que comportan 3.262,6 euros) desde a data de presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución, e o interese do artigo 1108 do Código civil sobre a indemnización por despedimento (que comporta 373,64 euros) desde a data de presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución.

No que atinxe á responsabilidade do Fogasa non procede á súa condena nesta instancia, debendo aterse ao que resulte da aplicación do artigo 33 do ET con notificación da presente resolución.

Notifíquese ás partes e ao Fogasa a presente resolución e fágaselles saber que fronte a esta cabe recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregarase á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mando e asino».

E para que sirva de notificación en legal forma a Restauración de Tejados y Fachadas de Galicia, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza