Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Luns, 28 de novembro de 2016 Páx. 52889

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Montederramo

ANUNCIO de licitación de concesión de servizos.

De conformidade co acordo do Pleno Municipal, do 11 de novembro de 2016, por medio do presente anuncio efectúase convocatoria do procedemento aberto, atendendo á oferta economicamente máis vantaxosa, con varios criterios de adxudicación, para a adxudicación do contrato de concesión de servizos de xestión integral da residencia e centro de día de Montederramo, conforme os seguintes datos:

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Concello de Montederramo (Ourense).

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría-Intervención.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Secretaría-Intervención.

2º. Domicilio: praza de Montederramo, 28.

3º. Localidade e código postal: Montederramo 32750.

4º. Teléfono: 988 29 20 00.

5º. Telefax: 988 29 20 71.

6º. Correo electrónico: concello.montederramo@ediolocal.es.

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.montederramo.es.

8º. Data límite de obtención de documentación e información: o derradeiro día de presentación de proposicións, segundo a publicación do anuncio.

d) Número de expediente: CGSC02/2016.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: concesión de servizos.

b) Descrición: Xestión integral de residencia e centro de día de Montederramo.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades.

d) Lugar de execución/entrega:

1º. Domicilio: Chao Pequeno, Santa María de Montederramo.

2º. Localidade e código postal: Montederramo 32750.

e) Prazo de execución/entrega: 5 anos.

f) Admisión de prórroga: si, 5 anos.

g) Establecemento dun acordo marco (se é o caso).

h) Sistema dinámico de adquisición (se é o caso).

i) CPV (referencia de nomenclatura):

85311000-2-Servizos de asistencia social con aloxamento.

85311100-3-Servizos de benestar social proporcionados a anciáns.

85312100-0-Servizos de centros de día.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica.

d) Criterios de adxudicación:

– Criterios cuantificables automaticamente:

Menores tarifas para pagar polos usuarios: 50 puntos.

Mellora no canon para pagar: 10 puntos.

– Criterios cuxa ponderación depende dun xuízo de valor:

Calidade do proxecto de xestión e explotación integral: 20 puntos.

Melloras propostas na xestión e explotación: 20 puntos.

4. Valor estimado do contrato: 4.149.585,50 euros.

5. Orzamento base de licitación (canon de explotación):

a) Importe neto: 120.000,00 euros.

b) Importe total: 120.000,00 euros.

6. Garantías exixidas:

Provisional (importe): non.

Definitiva (%): 5 % do importe da adxudicación.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación (grupo, subgrupo e categoría): non é obrigatoria, pero, se é o caso, é acreditativa das solvencias.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: cláusula oitava do prego de cláusulas administrativas particulares.

– Solvencia económica e financeira:

Volume anual de negocios non inferior a 469.654,49 €.

Seguro de indemnización por riscos profesionais non inferior a 469.654,49 €.

– Solvencia técnica ou profesional:

Relación de principais servizos ou traballos de idéntica natureza.

Indicación do persoal técnico ou unidades técnicas.

Titulacións académicas e profesionais do empresario e persoal directivo.

Declaración do persoal medio anual da empresa.

Indicación da parte do contrato que se vai subcontratar.

c) Outros requisitos específicos: habilitación empresarial ou profesional no seu caso exixible para a realización da prestación.

d) Contratos reservados.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: segundo a derradeira publicación sexa no BOP ou DOG, o vixésimo sexto día natural contado do seguinte ao da dita publicación.

b) Modalidade de presentación: persoal, correos ou telefax.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral.

2º. Domicilio: praza de Montederramo, 28.

3º. Localidade e código postal: Montederramo 32750.

4º. Enderezo electrónico:

d) Número previsto de empresas ás cales se pretende convidar para presentar ofertas (procedemento restrinxido).

e) Admisión de variantes, se procede.

f) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 3 meses.

9. Apertura de ofertas:

a) Descrición:

Sobres A e C: prazo máximo de 20 días hábiles, tras a finalización do prazo de presentación de ofertas.

Sobre B: prazo de 7 días naturais desde a recepción dos informes relativos aos sobres C.

b) Enderezo: praza de Montederramo, 28.

c) Localidade e código postal: Montederramo 32750.

d) Data e hora: segundo notificación individual aos licitadores.

10. Gastos de publicidade: ata 1.500 euros, polo adxudicatario.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea (se é o caso): non.

12. Outras informacións: poderán ser solicitadas á dependencia tramitadora.

Montederramo, 15 de novembro de 2016

Antonio Rodríguez Álvarez
Alcalde