Unha vez publicada a lista provisional e resoltas as reclamacións, procede publicar o baremo definitivo e a relación definitiva de excluídos na páxina web desta consellería.
En consecuencia, esta dirección xeral
RESOLVE:
Primeiro. Facer públicas na páxina web desta consellería (http://www.edu.xunta.es) as puntuacións definitivas e a relación definitiva de excluídos do baremo para as prazas de interinidades e substitucións para impartir docencia nas especialidades de Acordeón (594401), Clave (594405), Instrumentos da Música Tradicional e Popular (gaita) (594413), Instrumentos de Corda Pulsada do Renacemento e do Barroco (594417), Órgano (594420) e Dirección de Orquestra (594421).
Segundo. Contra estas puntuacións definitivas e a relación definitiva de excluídos, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpor, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o director xeral de Centros e Recursos Humanos, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade cos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben poderán interpor directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous (2) meses, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o xulgado do contencioso-administrativo, conforme os artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 22 de novembro de 2016
José Manuel Pinal Rodríguez
Director xeral de Centros e Recursos Humanos