Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Martes, 29 de novembro de 2016 Páx. 53003

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 14 de novembro de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se fai pública a inscrición do acordo de modificación de estatutos sociais da entidade Nutre en Bio, S. Coop. Galega.

No artigo 74 da Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, modificada pola Lei 14/2011, do 16 de decembro, e no Decreto 430/2001, do 18 de decembro, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro de Cooperativas de Galicia, artigo 53, establécese a obrigatoriedade de publicar no Diario Oficial de Galicia a modificación do artigo 2 dos estatutos sociais (cambio de domicilio) da entidade Nutre en Bio, S. Coop. Galega, acordada na asemblea xeral do 22 de setembro de 2016, por unanimidade. Consta como novo domicilio social a rúa Chan da Ponte, 11, nave-4, polígono industrial Chan da Ponte, concello de Salvaterra de Miño.

RESOLVO:

Dispoñer a publicación no Diario Oficial de Galicia da modificación do artigo 2 dos estatutos (cambio de domicilio social) da entidade Nutre en Bio, S. Coop. Galega.

Vigo, 14 de novembro de 2016

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra