Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Martes, 29 de novembro de 2016 Páx. 52993

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 8 de novembro de 2016, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se fai público o depósito da modificación dos estatutos da Asociación de Empresarios de Materiales para la Construcción (Asemaco) da Comunidade Autónoma de Galicia, depositada co número 72-642-1999.

En cumprimento do disposto no artigo 13.3 do Real decreto 416/2015, do 29 de maio, sobre depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais, e para os efectos previstos nel, faise público que na Oficina Pública de Depósito de Estatutos das Organizacións Sindicais e Empresariais se acordou depositar con data do 8.11.2016 a modificación dos artigos 1 (constitución, denominación), 4.k) (fins), 7.a) e b) (membros), 14.2.h) (Asemblea Xeral), 20.1 (Xunta Directiva) e 30 (modificación de estatutos) dos estatutos da Asociación de Empresarios de Materiales para la Construcción (Asemaco) da Comunidade Autónoma de Galicia.

– Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

– Ámbito profesional: poden ser membros as empresas ou empresarios con traballadores ao seu cargo, segundo o establecido no artigo 1 do Real decreto 416/2015, e terán dereito como empresas asociadas a asistir á asemblea xeral con voz e voto, por si mesmos, pola persoa do seu representante legal ou por calquera outro membro asociado provisto de mandato escrito con carácter especial para cada sesión, a condición de que actúen dentro do cumprimento dos seus deberes e estean ao día no pagamento das súas cotas asociativas.

– Asinantes: Agustín Moreira Graciá (presidente) e Antonio Castelo Silveira (secretario).

Santiago de Compostela, 8 de novembro de 2016

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego