Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Martes, 29 de novembro de 2016 Páx. 53006

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 17 de novembro de 2016, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica o acordo de incoación de expediente de caducidade do permiso de investigación Biocos número 5212, titularidade de Minería Sostenible, S.L., no concello de San Xoán de Río (Ourense).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á sociedade Minería Sostenible, S.L., con último enderezo coñecido na rúa del Almanzora, nº 12, casa 33, 28023 Madrid como titular, o acordo de incoación do expediente de caducidade do permiso de investigación Biocos nº 5212, pola causa prevista na Lei de minas, do 21 de xullo de 1973 (artigo 18.2 e 83.4), e do Regulamento xeral para o réxime da minaría do 25 de agosto de 1978 (artigo 31.2 e 106, alínea d).

Os interesados dispón dun prazo de vinte (20) días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, para formular as alegacións e presentar os documentos e xustificación que consideren oportunos na súa defensa, de conformidade co establecido no artigo 82.2 da citada Lei 39/2015. No suposto de non se efectuaren alegacións no prazo indicado, o acordo de incoación do expediente de caducidade considerarase como proposta de resolución.

Ourense, 17 de novembro de 2016

Alfonso Tomás Paz Doniz
Xefe territorial de Ourense