Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Martes, 29 de novembro de 2016 Páx. 53039

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 22 de novembro de 2016 pola que se anuncia a licitación do contrato de subministración de licenza Campus Estendido e OBIEE de Oracle (expediente 2016/1010).

– Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Universidade da Coruña.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Patrimonio, Inventario e Xestión Económica.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Patrimonio, Inventario e Xestión Económica-Sección de Contratación

2º. Domicilio: Reitoría da Universidade da Coruña. R/ Maestranza, núm. 9, 1º andar.

3º. Localidade e código postal: A Coruña, 15001.

4º. Teléfono: +34 981 16 70 00 (extensións 1119, 1120).

5º. Telefax: +34 981 16 70 20.

6º. Correo electrónico: seccion.contratacion@udc.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.udc.gal/contratacionadministrativa

8º. Data límite de obtención de documentación e información: durante o prazo de presentación de proposicións.

* Número de expediente: 2016/1010.

– Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministracións.

b) Descrición: licenza Campus Estendido e OBIEE de Oracle.

c) Lugar de execución/entrega: Servizo de Informática e Comunicacións-ESCI.

1º. Domicilio: Campus de Elviña, s/n.

2º. Localidade e código postal: A Coruña, 15071.

d) Prazo de execución/entrega: dous anos.

e) Admisión de prórroga: conforme o establecido no prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP).

f) CPV (referencia de nomenclatura): 48600000-4.

– Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: os establecidos no PCAP.

– Valor estimado do contrato: 130.000,00 euros/2 anos.

– Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 130.000,00 euros/2 anos. Importe total: 157.300,00 euros/2 anos.

– Garantías exixidas:

Definitiva: 5 % de importe de adxudicación (IVE excluído).

– Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación (grupo, subgrupo e categoría) (se é o caso): os que figuran no PCAP.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional (se é o caso): os que figuran no PCAP.

c) Outros requisitos específicos: os que figuran no PCAP.

– Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: de luns a venres, antes das 14.00 horas, do oitavo día natural que empezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Se o prazo finaliza en sábado ou día inhábil, trasladarase ao día seguinte hábil.

b) Modalidade de presentación: a que figura no PCAP.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Universidade da Coruña.

2º. Domicilio: Reitoría, r/ Mestranza, núm. 9.

3º. Localidade e código postal: A Coruña, 15001.

d) Admisión de variantes, se procede: especifícase no PCAP.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: especifícase no PCAP.

– Apertura de ofertas:

a) Descrición: apertura dos criterios non avaliables de forma automática (sobre B) e dos criterios avaliables de forma automática (sobre C).

b) Dirección: Reitoría, r/ Mestranza, núm. 9.

c) Localidade e código postal: A Coruña, 15001.

d) Data e hora:

1º. Apertura do sobre B: o cuarto día hábil seguinte ao da finalización dos prazos de presentación de proposicións, ás 12.00 horas. Se este día coincide en sábado, realizarase o luns seguinte á mesma hora.

2º. Apertura do sobre C: a mesa de contratación comunicará, a través do perfil do contratante, o día e a hora en que terá lugar.

– Gastos de publicidade: serán por conta das empresas adxdicatarias a pro rata.

A Coruña, 22 de novembro de 2016

O reitor da Universidade da Coruña
P.D. (Resolución do 12.1.2016)
Ramón del Valle López
Xerente da Universidade da Coruña