Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Martes, 29 de novembro de 2016 Páx. 52949

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 752/2013).

María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 752/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Jesús Paulino contra Compostela de Alojamientos y Servicios, S.A.U., sobre ordinario, ditouse sentenza o 31 de outubro de 2016 co número 346/2016, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Vistos por min, Paula Méndez Domínguez, maxistrada do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, os presentes autos de procedemento ordinario número 752/2013, seguidos por instancia de Jesús Paulino, asistido pola letrada Sra. López Calviño, contra Compostelana de Alojamientos y Servicios, S.A.U., que non compareceu ao acto do xuízo oral, despois de ser citado o seu administrador concursal Manuel Morera Martel, que non compareceu ao xuízo oral, e despois de ser citado o Fogasa, que non compareceu ao xuízo oral, en virtude das facultades que me foron dadas pola Constitución española, dito a presente sentenza, con base nos seguintes...».

«Que, estimando integramente a demanda interposta por Jesús Paulino, contra Compostelana de Alojamientos y Servicios, S.A.U., debo condenar e condeno a mercantil demandada a aboarlle ao demandante a suma de 2.141,71 euros brutos polos conceptos e coa desagregación efectuada no feito probado terceiro da presente resolución, máis os xuros previstos no artigo 29.3 do ET respecto da devandita cantidade desde a presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución; e debo condenar e condeno a Manuel Morera Martel, na súa soa condición de administrador concursal da mercantil demandada, a avirse á devandita declaración e condena.

No que atinxe á responsabilidade do Fogasa, non procede a súa condena nesta instancia, debendo observarse que resulte da aplicación do artigo 33 do ET, con notificación da presente resolución.

Notifíquese ás partes a presente resolución, facéndolles saber que fronte a ela non cabe recurso.

A anterior resolución entregarase á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Compostela de Alojamientos y Servicios, S.A.U., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e a súa fixación no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 4 de novembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza