Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Xoves, 1 de decembro de 2016 Páx. 53415

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 9 de novembro de 2016, da Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, pola que se fai pública a formalización do contrato do servizo de mantemento técnico-legal e correctivo dos sistemas de detección, extinción e protección contra incendios instalados nos centros dependentes desta xerencia.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa.

c) Número do expediente: AB-EIL1-16-009.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: servizo de mantemento técnico-legal e correctivo dos sistemas de detección, extinción e protección contra incendios instalados nos centros dependentes da Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos.

c) Lotes (se é o caso): si. Ver prego de cláusulas administrativas particulares.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 50413200-5.

e) Acordo marco (se procede): non.

f) Sistema dinámico de adquisicións (se procede): non.

g) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, plataforma de contratación pública de Galicia e perfil do contratante.

h) Data de publicación do anuncio de licitación: DOG (15.3.2016), perfil do contratante e plataforma de contratación pública de Galicia (15.3.2016).

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 172.532,45 euros, IVE non incluído.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 71.888,52 euros. Importe total: 86.985,11 euros.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 19 de setembro de 2016.

b) Data de formalización do contrato: 30 de setembro de 2016.

c) Contratista:

Lotes 1, 2, 3 e 4: Clece, S.A. (A80364243).

d) Importe ou canon de adxudicación:

Importe neto: 48.036,65 euros. Importe total: 58.124,34 euros.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: as sinaladas na resolución de adxudicación do 19 de setembro de 2016.

Lugo, 9 de novembro de 2016

Ramón Ares Rico
Xerente de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos