Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Xoves, 1 de decembro de 2016 Páx. 53397

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 10 de novembro de 2016 pola que se fai pública a formalización do contrato de servizos para os traballos de escavación arqueolóxica da mámoa 4 do Guidoiro Areoso, na Illa de Arousa (contratación documentalmente simplificada).

De acordo co previsto no artigo 154 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=57529

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 152, do 11 de agosto de 2016.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos, non suxeito a regulación harmonizada.

b) Descrición: traballos de escavación arqueolóxica da mámoa 4 do Guidoiro Areoso, na Ila de Arousa.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: urxente, con pluralidade de criterios.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación: 49.750,00 euros, IVE excluído.

5. Formalización do contrato.

a) Data da adxudicación: 26 de outubro de 2016.

b) Data da formalización do contrato: 7 de novembro de 2016.

c) Contratista: Tomos Conservación Restauración, S.L.

d) Importe de adxudicación: 49.071,60 euros, IVE excluído.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, logo da aplicación dos criterios de adxudicación que se establecen no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.

Santiago de Compostela, 10 de novembro de 2016

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
P.D. (Orde do 25.1.2012)
Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación
e Ordenación Universitaria