Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Xoves, 1 de decembro de 2016 Páx. 53339

IV. Oposicións e concursos

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 18 de outubro de 2016, da Dirección Xeral de Administración Local, pola que se dá publicidade ao acordo da Xunta de Goberno Local do Concello da Coruña que deixa sen efecto a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo de tesoureiro xeral do Concello da Coruña, entre funcionarios con habilitación de carácter nacional.

O 23 de maio de 2016 o director xeral de Administración Local dita resolución pola que se publica a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo de tesoureiro xeral do Concello da Coruña, entre funcionarios con habilitación de carácter nacional. Esta resolución é obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia do 28 de xuño, núm. 121.

O 5 de outubro de 2016 recíbese na Dirección Xeral de Administración Local escrito do Concello da Coruña onde se indica que a Xunta de Goberno Local en sesión do 30 de setembro de 2016 adoptou o seguinte acordo:

«Deixar sen efecto a convocatoria para a provisión polo sistema de libre designación do posto de tesoureiro xeral, aprobada polos acordos da Xunta de Goberno Local do 26 de febreiro e do 22 de abril de 2016, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 121, do 28 de xuño.

Este acordo remitirase á Dirección Xeral de Administración Local da Xunta de Galicia para que proceda a súa publicación no Diario Oficial de Galicia».

Así, de conformidade co disposto nos artigos 27 e 28 do Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo, de provisión de postos de traballo reservados a funcionarios con habilitación de carácter nacional, modificado polo Real decreto 834/2003, do 27 de xuño, e demais normativa concordante de aplicación e no uso das facultades que lle confire o artigo 15.e) da Lei do emprego público de Galicia, en relación co artigo 241 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia, e a Orde do 14 de maio de 2013 sobre delegación de competencias, corresponde á Dirección Xeral de Administración Local a sinatura da presente resolución, ben que, ao estar vacante, en aplicación da normativa organizativa, a Secretaría Xeral Técnica

RESOLVE:

Primeiro. Dar publicidade ao acordo da Xunta de Goberno Local do Concello da Coruña adoptado en sesión ordinaria do 30 de setembro de 2016 que deixa sen efecto a convocatoria para a provisión polo sistema de libre designación do posto de tesoureiro xeral, aprobada polos acordos da Xunta de Goberno Local do 26 de febreiro e do 22 de abril de 2016, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 121, do 28 de xuño.

Segundo. Esta resolución produce os efectos de abrir o prazo para a presentación dos recursos correspondentes contra o acordo adoptado pola entidade local.

Santiago de Compostela, 18 de outubro de 2016

O/a director/a xeral de Administración Local
P.S. (Artigo 7.e) da Orde do 14.5.2013; DOG nº 92, do 15 de maio)
A secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza
P.D.S. (Resolución do 7.10.2016)
Nicolás Vázquez Iglesias
Vicesecretario xeral da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza