Para os efectos previstos no artigo 54 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, e segundo o disposto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, dáse publicidade á proposta de deslindamento do MVMC Louxeira con propiedades particulares, presentada o 6 de xuño de 2016 pola comunidade da Torre.
Con data do 4 de novembro de 2016, o Servizo de Montes de Lugo emitiu un informe favorable sobre a devandita proposta, ao considerar que non existe menoscabo da integridade do MVMC.
Contra a proposta de deslindamento, no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, as persoas interesadas poderán presentar alegacións e títulos que acrediten a propiedade ou a posesión dos predios afectados, ante a comunidade da Torre, propietaria do MVMC.
Durante este prazo, a documentación estará dispoñible no Servizo de Montes de Lugo, sito na rolda da Muralla, 70, baixo 2º, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer integramente o contido da dita proposta.
Lugo, 15 de novembro de 2016
José Ramón Losada Fernández
Xefe territorial de Lugo