Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Xoves, 1 de decembro de 2016 Páx. 53408

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 14 de novembro de 2016 pola que se notifica a resolución do expediente de reposición da legalidade urbanística, devolta polo servizo de Correos por resultar imposible a súa notificación (expediente PON/368/2015).

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, o día 25 de outubro de 2016, ditou resolución pola que se require o promotor das obras consistentes na ampliación dunha edificación existente e construción de dúas edificacións auxiliares para usos residenciais, no lugar da Telleira, 23, Cesantes, no termo municipal de Redondela, Pontevedra, para que no prazo de tres meses presente a solicitude da oportuna licenza municipal. Se transcorrido o prazo de tres meses desde o requirimento, o interesado non solicita a licenza municipal, o director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística acordará a demolición das obras e a reposición dos terreos ao seu estado orixinario á custa do interesado e procederá a impedir os usos a que desen lugar. Procederase de igual modo no suposto de que a licenza municipal fose denegada por ser o seu outorgamento contrario á legalidade, segundo o disposto no artigo 152 da Lei do solo de Galicia.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución a Consuelo Cobián Pazos, mediante esta cédula e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á interesada a devandita resolución por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber á interesada que o texto íntegro da resolución que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra a devandita resolución, que pon fin á vía administrativa, a interesada pode interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación, ante o director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, ou ben, se non exerce o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, pode interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lle sirva de notificación á citada interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 14 de novembro de 2016

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística