Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Xoves, 1 de decembro de 2016 Páx. 53431

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO das bases para cubrir as prazas da oferta ordinaria de emprego público do ano 2015.

No BOP de Ourense do 20 de outubro de 2016 publicáronse íntegras as bases para cubrir as prazas da oferta ordinaria de emprego público do ano 2015.

As prazas que se convocan son as seguintes:

I. Oferta ordinaria de emprego público 2015.

A) Cadro de persoal.

Inclúense as seguintes prazas funcionariais de acceso libre:

– Unha (1) praza de administrativo de Administración xeral, subgrupo C1, escala de Administración xeral, subescala administrativa. Oposición libre. Título de bacharelato, técnico especialista en formación profesional ou equivalente. Certificado de perfeccionamento en lingua galega ou Celga 4.

– Unha (1) praza de enxeñeiro técnico de obras públicas, subgrupo A2, escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnico medio. Oposición libre. Título universitario de grao nalgunha das ramas de Enxeñaría Civil, Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos, ou Enxeñaría técnica de Obras Públicas, ou equivalente. Certificado de perfeccionamento en lingua galega ou Celga 4.

– Unha (1) praza de técnico superior en prevención de riscos laborais, subgrupo A1, escala de Administración especial, subescala de servizos especiais, clase prazas de funcións especiais. Oposición libre. Título universitario de grao nalgunha das ramas de Enxeñaría ou Arquitectura, ademais dun máster de Técnico Superior en Prevención de Riscos Laborais (coas especialidades de Seguridade no Traballo, Hixiene Industrial e Ergonomía e Psicosocioloxía Aplicada) ou equivalente. Certificado de perfeccionamento en lingua galega ou Celga 4.

Inclúense as seguintes prazas funcionariais de acceso por promoción interna vertical:

– Dúas (2) prazas de administrativo de Administración xeral, subgrupo C1, escala de Administración xeral, subescala administrativa. Concurso-oposición por promoción interna vertical. Título de bacharelato, técnico especialista en formación profesional ou equivalente ou coa titulación do subgrupo C2 (título de graduado en educación secundaria obrigatoria ou equivalente) pero cunha antigüidade de 10 anos na escala de procedencia ou 5 anos se contan con cursos de formación específica sobre xestións e técnicas e organización do traballo administrativo ou réxime administrativo impartidos por esta Deputación, conforme o disposto no artigo 61 da Lei 42/1994. Certificado de perfeccionamento en lingua galega ou Celga 4.

B) Cadro laboral.

Inclúense as seguintes prazas de persoal laboral fixo por promoción interna vertical:

– Dúas (2) prazas de auxiliar de servizos, asimiladas ao subgrupo C2. Concurso-oposición por promoción interna vertical. Título de graduado en educación secundaria obrigatoria ou equivalente. Certificado de iniciación á lingua galega ou Celga 3.

– Dúas (2) prazas de condutores especialistas de explotacións agropecuarias, asimiladas ao subgrupo C2. Concurso-oposición por promoción interna vertical. Título de graduado en educación secundaria obrigatoria ou equivalente, permiso de circulación clase «CE», e certificado de aptitude profesional. Certificado de iniciación á lingua galega ou Celga 3.

– Unha (1) praza de capataz de zonas verdes e limpeza viaria, asimilada ao subgrupo C2. Concurso-oposición por promoción interna vertical. Título de graduado en educación secundaria obrigatoria ou equivalente. Certificado de iniciación á lingua galega ou Celga 3.

As solicitudes presentaranse no Rexistro xeral da Deputación durante o prazo dos 20 días naturais seguintes ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOE, en modelo oficial que se facilitará nas oficinas da Deputación e na páxina web da Deputación Provincial. Así mesmo, poderán presentarse na forma que determina o artigo 16 da Lei 39/2015.

No mesmo prazo xustificarase o aboamento dos dereitos de exame, polos seguintes importes, acompañando á solicitude o correspondente xustificante: para as prazas do grupo A1 ou asimiladas: 18,03 euros, para as prazas do grupo A2 ou asimiladas: 13,52 euros, para as prazas do grupo C1 ou asimiladas: 7,51 euros e para as prazas do grupo C2 ou asimiladas: 6,01 euros.

A Deputación facilitará copia das bases e modelo oficial de solicitudes nas oficinas do Rexistro Xeral, rúa Progreso, 32 (Ourense) e tamén desde a páxina web www.depourense.es

Os sucesivos anuncios relativos a esta convocatoria publicaranse exclusivamente no taboleiro provincial de edictos en todo caso, na páxina web www.depourense.es, e no BOP de Ourense cando proceda de conformidade coas bases das probas selectivas.

Publícase isto de conformidade co disposto no artigo 233.3 da Lei 5/1997, de Administración local de Galicia.

Ourense, 3 de novembro de 2016

José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense