Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Xoves, 1 de decembro de 2016 Páx. 53418

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 16 de novembro de 2016 pola que se anuncia a formalización do contrato de servizos financiado por convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e esta universidade, para actuacións nos centros e unidades de transferencia tecnolóxica e no Campus Industrial de Ferrol (expediente 2016/4008, 2 lotes).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Universidade da Coruña.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Patrimonio, Inventario e Xestión Económica.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.udc.gal/contratacionadministrativa

Número de expediente: 2016/4008 (2 lotes).

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: servizos de asistencia técnica externa de desenvolvemento para o Campus Industrial de Ferrol (2 lotes). Lote 1: servizo de asistencia técnica especializada para as tarefas de apoio, seguimento e avaliación continuada do Plan estratéxico e do Programa de necesidades funcionais do Campus Industrial de Ferrol. Lote 2: servizo de apoio na execución de actividades de potenciación da relación industrial, posicionamento e proxección exterior do Campus Industrial.

c) Lote (se é o caso): si, 2 lotes.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 79421200-3/71356200-0.

e) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG.

f) Data de publicación do anuncio de licitación: 25.8.2016.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación. Importe neto: 153.719 euros. Lote 1: 99.173,55 euros. Lote 2: 54.545,45 euros. Importe total: 186.000 euros. Lote 1: 120.000 euros. Lote 2: 66.000 euros.

5. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 30.9.2016.

b) Data de formalización do contrato: 17.10.2016.

c) Contratista: Estrategia y Organización, S.A.

d) Importe de adxudicación. Importe neto: 100.259,51 euros. Lote 1: 59.404,96 euros. Lote 2: 40.854,55 euros. Importe total: 121.314 euros. Lote 1: 71.880 euros. Lote 2: 49.434 euros.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: a maior puntuación, de acordo co establecido no prego de cláusulas administrativas particulares.

A Coruña, 16 de novembro de 2016

O reitor da Universidade da Coruña
P.D. (Resolución do 12.1.2016)
Ramón del Valle López
Xerente da Universidade da Coruña