Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Xoves, 1 de decembro de 2016 Páx. 53422

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cabanas

ANUNCIO da oferta de emprego público 2016.

Por Resolución da Alcaldía do 7 de novembro de 2016, aprobouse a oferta de emprego público do Concello de Cabanas para o exercicio de 2016 que comprende as prazas que a continuación se citan, en cumprimento do establecido no artigo 91 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e artigo 70 do texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro.

A) Persoal funcionario:

Escala/categoría/denominación do posto

Número de vacantes

Grupo

Subgrupo

2. Escala de Administración xeral:

2.1. Subescala administrativa:

Administrativo secretaría

1

C

C1

3. Funcionarios Administración especial:

3.1 Servizos especiais: Policía local:

3.1.a) Escala básica:

Categoría policía: garda

1

C

C1

B) Persoal laboral:

Área/servizo/denominación do posto

Número

de vacantes

Grupo

Titulación

3. Obras e servizos:

b) Obras

Oficial encargado

1

III

Certificado escolaridade

Operario de servizos múltiples

1

V

Certificado escolaridade

4. Promoción social e económica.

b) Promoción emprego e desenvolvemento económico.

Técnico emprego e desenvolvemento económico

1

II

Diplomado

c) Actividades culturais e deportivo-recreativas.

Animadora cultural e actividades recreativas

1

III

Técnico FP animación sociocultural ou titulación universitaria

Cabanas, 7 de novembro de 2016

Germán Castrillón Permuy
Alcalde