Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Xoves, 1 de decembro de 2016 Páx. 53428

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de licitación de obras no campo de fútbol do Carballal.

1. Entidade adxudicadora: a) Organismo: Concello de Vigo; b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Deportes; c) Obtención de documentación e información: www.vigo.org (perfil do contratante); teléfono (986) 81 01 48; fax: (986) 22 62 06. Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións; d) Número de expediente: 15342-333.

2. Obxecto do contrato: a) Tipo: obras; b) Descrición: execución das obras do proxecto de Reforma do campo de fútbol A Bandeira-O Carballal. Fase I; c) CPV: 45236110-4; 45111240-2; 45232121-6; 45310000-3; 45261000-4; 45243110-6. d) División por lotes e número de lotes: non; e) Lugar de execución: Vigo. f) Prazo de execución: 10 semanas.

3. Tramitación e procedemento: a) Tramitación: ordinaria; b) Procedemento: aberto; c) Criterios de adxudicación: os consignados no número 8 da folla de espcificacións do contrato do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento base de licitación: 561.983,47 euros (sen IVE); IVE: 118.016,53 euros.

5. Garantías exixidas: a) Provisional: non se exixe; b) Complementaria: si, por un importe do 5 % do prezo de adxudicación do contrato, cando a oferta adxudicada se corresponda cunha oferta cualificada inicialmente como en presunción de oferta anormal ou desproporcionada, e fose xustificada adecuadamente e admitida para a súa valoración; c) Definitiva: 5 % do prezo de adxudicación do contrato, excluído o IVE.

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Documentos acreditativos da solvencia económica e financeira: acreditarase por calquera dos seguintes medios:

• Declaración do volume anual de negocios. Consideraranse con solvencia económica e financeira os licitadores que no conxunto dos últimos tres anos teñan un volume de facturación que sexa igual ou superior ao prezo do contrato.

• Documento acreditativo de posuír a seguinte clasificación: grupo C; subgrupo 6; categoría 2, e grupo I; subgrupo 9; categoría 1.

b) Documentos acreditativos da solvencia técnica e profesional: acreditarase por calquera dos seguintes medios:

• Certificacións ou documentos que acrediten a boa execución de contratos de obras ou traballos similares aos do obxecto do contrato executados, como máximo, nos dez últimos anos (entenderase que este prazo remata o último día do prazo para a presentación de ofertas). Indicaranse importe, datas e destino público ou privado. Considerarase acreditada a solvencia se nalgún dos últimos dez anos xustifican ter realizado traballos similares aos do obxecto do contrato cuxo importe, en conxunto, sexa igual ou superior ao valor estimado.

• Documento acreditativo de posuír a seguinte clasificación: grupo C; subgrupo 6; categoría 2, e grupo I; subgrupo 9; categoría 1.

7. Presentación de ofertas: a) Data límite de presentación: o prazo rematará o vixésimo sexto (26) día seguinte ao de publicación deste anuncio no BOP e no DOG; b) Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo; praza do Rei, s/n, 36202 Vigo; c) Admisión de melloras: non; d) Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.

8. Apertura de ofertas: a) Enderezo: Casa do Concello de Vigo; praza do Rei, s/n, 36202 Vigo; b) Data e hora: anunciaranse no perfil do contratante do Concello de Vigo (www.vigo.org).

9. Gastos de publicidade: pagaraos o adxudicatario ata a cantidade de 1.500 euros.

Vigo, 23 de novembro de 2016

O alcalde
P.D. (Decreto e Acordo do 19.6.2015)
David Regades Fernández
Concelleiro delegado de Contratación