Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Luns, 5 de decembro de 2016 Páx. 53662

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 4 de novembro de 2016, da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, polo que se procede a dar publicidade á Resolución do 31 de outubro de 2016 pola que se convoca o procedemento de mobilidade interna voluntaria de diversas categorías de persoal estatutario fixo do Hospital Comarcal de Verín.

A citada resolución estará exposta, desde a mesma data de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, nos taboleiros oficiais de anuncios do Hospital Comarcal de Verín e na intranet do centro.

As solicitudes deberán presentarse no prazo de vinte (20) días hábiles, desde o seguinte ao desta publicación.

Ourense, 4 de novembro de 2016

Eloína Núñez Masid
Xerente de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras