Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Venres, 9 de decembro de 2016 Páx. 53990

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (341/2014).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 341/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Penas Íñiguez contra APV Motor, S.A., Servicio Público de Empleo Estatal sobre Seguridade Social, se ditou a seguinte resolución:

Acordo:

– Admitir a demanda presentada sobre Seguridade Social.

– Citar as partes para que comparezan o día 23 de marzo de 2017, ás 10.30 horas, na planta baixa, sala 1, Edif. rúa Berlín, para a celebración do acto de xuízo perante o/a maxistrado/a.

– Advírtanse as partes que, en caso de non compareceren nin alegaren xusta causa que motive a suspensión dos actos de conciliación ou xuízo, se considerará que o demandante non comparecido desiste da súa demanda, e non impedirá a celebración dos actos de conciliación e xuízo a incomparecencia do demandado, e continuará o procedemento, sen necesidade de declarar a súa rebeldía.

– Respecto aos outrosís solicitados para os efectos previstos no artigo 81.4 da LXS:

Considérase presentada a documentación que se achega coa demanda, únase aos autos correspondentes, sen prexuízo de que a parte deba propoñela no acto de xuízo como medio de proba de que se intentará valer.

Tense por anunciado o propósito de comparecer asistido/a representado/a de avogado/a ou graduado social para os efectos do artigo 21.2 da LXS, e por designado domicilio, para efectos de comunicacións (artigo 53 da LXS).

De ser o caso, sen que isto signifique a admisión da proba proposta polo demandante, xa que este deberá propoñela e, de ser caso, o/a xuíz/a admitila no acto de xuízo (artigo 87 da LXS).

– Antes da notificación desta resolución ás partes, dou conta a SSª do sinalamento efectuado.

Xa que a demandada APV Motor, S.A. está en paradoiro descoñecido, cítese mediante edictos.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da Lei de xurisdición social, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións intentadas neles sen efecto serán válidas ata que non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación. Mediante recurso de reposición que se deberá interpor ante quen dita esta resolución, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción que esta contén a xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

A letrada da Administración de xustiza.

E para que sirva de notificación en legal forma a APV Motor, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 14 de novembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza