Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Martes, 13 de decembro de 2016 Páx. 54370

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Sanidade

ORDE do 23 de novembro de 2016 pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería.

De conformidade co establecido no artigo 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 17.2.c) da dita lei, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, o posto de traballo que se indica no anexo I desta orde.

Segundo. Poderán concorrer a ela os/as funcionarios/as que reúnan os requisitos que se exixen para o desempeño do posto e que se especifican no anexo I.

Terceiro. As solicitudes para participar nesta convocatoria dirixiranse por escrito ao conselleiro de Sanidade, segundo o modelo que se inclúe como anexo II a esta orde.

As ditas solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade, sito no Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela (A Coruña), nos das súas xefaturas territoriais ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de quince (15) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. Os aspirantes deberán xuntarlle á súa petición un currículum vítae e xustificar documentalmente, mediante certificación ou copia compulsada, os méritos que aleguen.

Os méritos alegados e non probados segundo se indica no parágrafo anterior non serán tidos en conta.

Quinto. No caso de resultar seleccionado/a para ocupar o posto de traballo que se relaciona no anexo I desta orde un/unha funcionario/a con destino noutra Administración pública, requirirase o informe favorable do órgano competente da súa Administración de orixe, que se considerará favorable no caso de non emitirse no prazo de quince (15) días, tal como dispón o artigo 67 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo, e demais disposicións concordantes. Unha vez autorizado o seu traslado a esta administración, procederase a adxudicarlle o posto para o cal foi seleccionado/a.

Sexto. A resolución desta convocatoria publicarase no Diario Oficial de Galicia e poderá declararse deserto o posto de traballo, de considerarse oportuno.

Sétimo. O prazo de toma de posesión será de tres días hábiles, se non implica cambio de residencia, ou de sete días hábiles, se comporta cambio de residencia.

Cando o/a adxudicatario/a do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será de vinte días hábiles, de conformidade co establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, modificado polo Decreto 166/2013, do 14 de novembro.

O prazo de toma de posesión comezará a contar a partir do día seguinte ao do cesamento, que deberá efectuarse na data que se determine xustificadamente mediante orde da persoa titular da consellería convocante, publicada no Diario Oficial de Galicia. Se a resolución comporta o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión deberá computarse desde a dita data.

Oitavo. Contra a presente orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa notificación, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, de conformidade co establecido nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Potestativamente, e con carácter previo, poderase interpoñer recurso administrativo de reposición ante este órgano directivo, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da notificación, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 23 de novembro de 2016

Jesús Vázquez Almuíña
Conselleiro de Sanidade

ANEXO I

Código do posto: SAC030000015770001.

Denominación do posto: secretario/a do/da director/a xeral.

Dependencia: Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade.

Localidade: Santiago de Compostela.

Subgrupo: C1-C2.

Nivel C.D.: 18.

Complemento específico: 5.581,80 €.

Corpo ou escala: xeral/estatutario Sergas.

Adscrición administracións públicas: A16 adscrición indistinta a funcionarios da Xunta de Galicia, Estado e CC.AA., e persoal estatutario do Sergas.

Formación específica: 640 para persoal doutra Administración, curso de perfeccionamento de galego (R.I.).

missing image file