De conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (Diario Oficial de Galicia núm. 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e na Orde do 24 de maio de 2006 (Diario Oficial de Galicia núm. 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, e no uso das atribucións conferidas polo Decreto 43/2013, do 21 de febreiro, polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde (Diario Oficial de Galicia núm. 47, do 7 de marzo), e na Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG núm. 139, do 20 de xullo), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, a Xerencia de Xestión Integrada da Coruña resolve anunciar a convocatoria, para a súa cobertura polo procedemento de provisión de avaliación colexiada, dunha praza de xefe/a da Sección de Hematoloxía Clínica.
As bases íntegras da convocatoria estarán expostas nos taboleiros de anuncios da Xestión Integrada da Coruña, así como na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).
O prazo de presentación de solicitudes será de corenta e cinco (45) días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. As solicitudes, que deberán dirixirse á Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, poderán presentarse no Rexistro da Xestión Integrada da Coruña, así como a través de calquera dos procedementos do artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
A Coruña, 23 de novembro de 2016
Francisco José Vilanova Fraga
Xerente de Xestión Integrada da Coruña
ANEXO
Denominación do posto: xefe/a da Sección de Hematoloxía Clínica da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña.
Grupo de clasificación: A1.
Nº de vacantes: 1.