De acordo co previsto no artigo 154 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:
1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.
c) Enderezo da internet do perfil do contratante:
http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=29106
d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 108, do 8 de xuño de 2016.
2. Obxecto do contrato.
Tipo: obras, non suxeito a regulación harmonizada.
Descrición: obras de reelaboración da cuberta da igrexa de San Paio de Diomondi, O Saviñao (Lugo), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (80 %), no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, eixe 6, prioridade de investimento 6.3, obxectivo específico 6.3.1.
Tramitación e procedemento.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
3. Orzamento base de licitación: 104.378,82 €, IVE excluído.
4. Formalización do contrato.
a) Data da adxudicación: 21 de novembro de 2016.
b) Data da formalización do contrato: 23 de novembro de 2016.
c) Contratista: Obras y Servicios Gómez Crespo, S.L.
d) Importe de adxudicación: 87.200,00 €, IVE excluído.
e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, logo da aplicación dos criterios de adxudicación que se establecen no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.
Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2016
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
P.D. (Orde do 25.1.2012)
Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria