De conformidade co disposto nos artigos 42 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar, notifícaselle á persoa interesada, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.
Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, o interesado poderá comparecer nas dependencias da Dirección Xeral de Desenvolvemeno Rural, situadas en San Caetano, s/n, das 9.00 ás 14.00 horas.
Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2016
Miguel Ángel Pérez Dubois
Director xeral de Desenvolvemento Rural
ANEXO
Interesado/a |
Acto que se notifica |
Zona de concentración parcelaria |
Dolores Rodríguez Duro |
Resolución de recurso de alzada |
Monte Val do Vea, sector II (A Estrada-Pontevedra) |
Jesús Souto Sánchez |
Resolución de recurso de alzada |
Monte Val do Vea, sector II (A Estrada-Pontevedra) |