Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Martes, 13 de decembro de 2016 Páx. 54461

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consello de Contas de Galicia

RESOLUCIÓN do 2 de decembro de 2016 pola que se anuncia a contratación do servizo de limpeza do edificio sede da institución para o exercicio 2017.

A Comisión de Goberno do Consello de Contas, por Acordo do 24 de novembro do presente ano, dispuxo a apertura do procedemento de adxudicación dun contrato do servizo de limpeza do edificio sede da institución para o exercicio 2017.

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Consello de Contas de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

c) Obtención de documentación e información:

c.1) Dependencia: Secretaría Xeral. Sección de Xestión Económica.

c.2) Enderezo: rúa de Domingo Fontán, nº 7.

c.3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15702.

c.4) Teléfono: 981 54 22 36.

c.5) Telefax: 981 54 22 10.

c.6) Correo electrónico: vlagoa@ccontasgalicia.es

c.7) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.consellodecontas.es/gl/menus-consello/consello/perfil-do-contratante

c.8) Data límite de obtención da documentación e información: décimo quinto día natural seguinte ao da publicación do presente anuncio.

d) Número de expediente: 16/97.

2. Obxecto do contrato: servizo.

a) Tipo:

b) Descrición: prestación, durante o exercicio 2017, do servizo de limpeza do edificio sede do Consello de Contas de Galicia.

c) División por lotes: non.

d) Lugar de execución:

d.1) Enderezo: rúa de Domingo Fontán, nº 7.

d.2) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15702.

e) Prazo de duración: doce meses, contados a partir da súa entrada en vigor o 1 de xaneiro de 2017.

f) Admisión de prórroga: si.

g) CPV: 90911200-8.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, con multiplicidade de criterios.

c) Criterio de adxudicación:

c.1) Prezo (0-60 puntos).

c.2) Planificación, execución do servizo e melloras (0-40 puntos).

c.2.a) Cadro do persoal operativo e prezo medio por hora (0-25 puntos).

c.2.b) Control de execución do servizo (máx. 6 puntos).

c.2.c) Protección do medio ambiente (máx. 9 puntos).

4. Valor estimado do contrato: 170.000 euros.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto 85.000 euros. IVE (21 %). 17.850 euros. Importe total: 102.850 euros.

6. Garantías exixidas: definitiva: 5 % do importe de adxudicación, IVE excluído.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Documentación acreditativa da capacidade de obrar do empresario, da súa habilitación e, de ser o caso, da súa representación.

b) Solvencia económica e financeira e técnica ou profesional.

b.1) Solvencia económica e financeira: existencia dun seguro de indemnización por riscos profesionais, por importe non inferior a 170.000 €.

b.2) Solvencia técnica e profesional: servizos de limpeza efectuados nos cinco últimos anos, avalados por certificados de boa execución, será requisito mínimo que o importe anual acumulado no ano de maior execución sexa igual ou superior a 119.000 €.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: décimo quinto día natural seguinte ao da publicación do presente anuncio. De coincidir o último día do prazo de presentación en sábado, domingo ou festivo, entenderase prorrogado ata o primeiro día hábil seguinte.

b) Modalidade de presentación: por escrito. No lugar que se indica a continuación ou por correo (artigo 80 RXLCAP).

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral do Consello de Contas.

2º. Enderezo: rúa de Domingo Fontán, nº 7.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15702.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses a contar desde a apertura das proposicións.

9. Apertura de ofertas:

a) Descrición:

a.1) Sobre A: en acto non público, cualificación documental. O undécimo día natural seguinte ao de remate do prazo de presentación de proposicións ou o primeiro día hábil seguinte de coincidir aquel en sábado ou festivo.

a.2) Sobre B: en acto público, proposicións. A data exacta da súa celebración será publicada no perfil do contratante cunha antelación mínima de corenta e oito horas.

b) Enderezo: rúa de Domingo Fontán, nº 7.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15702.

10. Gastos de publicidade: a conta do adxudicatario, ata un máximo de 1.694 €.

Santiago de Compostela, 2 de decembro de 2016

José Antonio Redondo López
Conselleiro maior do Consello de Contas de Galicia