Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Mércores, 14 de decembro de 2016 Páx. 54521

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 23 de novembro de 2016 pola que se adxudican as axudas para a creación, posta en marcha e consolidación de unidades mixtas de investigación aliñadas cos retos estratéxicos e prioridades identificados na RIS3 para Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, convocadas pola Resolución do 17 de xuño de 2016.

A Resolución da Axencia Galega de Innovación, do 17 de xuño de 2016 (DOG núm. 138, do 21 de xullo), estableceu as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para a creación, posta en marcha e consolidación de unidades mixtas de investigación aliñadas cos retos estratéxicos e prioridades identificados na RIS3 para Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e procedeu á súa convocatoria para o ano 2016.

Os artigos 3 e 4 desta resolución de convocatoria establecen os requisitos que deben cumprir, respectivamente, os beneficiarios e as unidades mixtas de investigación para poder optar ás axudas.

Unha vez revisada a documentación dos expedientes, o órgano instrutor formulou proposta de resolución de inadmisión das solicitudes que non cumprían coas exixencias contidas na convocatoria, nas bases reguladoras ou na normativa de subvencións, conforme o establecido no artigo 11.5 das bases reguladoras.

As solicitudes que resultaron admitidas foron obxecto de avaliación conforme os criterios de valoración establecidos no artigo 13 das bases reguladoras.

A comisión de valoración prevista no artigo 12 das bases reguladoras, reunida o 10 de novembro de 2016, elaborou unha proposta de financiamento das solicitudes por orde decrecente da puntuación acadada tendo en conta os informes de valoración emitidos polos expertos.

Así mesmo, a comisión de valoración propuxo a denegación das solicitudes que non acadaron unha puntuación mínima de 60 puntos conforme o disposto no artigo 13 das bases reguladoras.

No artigo 16 da convocatoria regúlase a resolución e notificación destas axudas unha vez que a comisión de valoración seleccione as solicitudes admitidas e emita un informe no cal se concrete o resultado da avaliación efectuada e a contía da axuda proposta, conforme os criterios establecidos nos artigos 13 e 14.

De acordo con isto, e atendendo á proposta elaborada na sesión do 10 de novembro de 2016 pola comisión de valoración,

RESOLVO:

1. Conceder as axudas para a creación, posta en marcha e consolidación das unidades mixtas de investigación que figuran como anexo I a esta resolución por orde decrecente de puntuación, por un importe total de 4.992.665,42 euros, coa seguinte distribución:

Aplicación orzamentaria

Ano 2016 (€)

Ano 2017 (€)

Ano 2018 (€)

Ano 2019 (€)

Total (€)

09.A3.561A.781.0

109.956,25

2.557.709,17

1.200.000,00

1.125.000,00

4.992.665,42

Estas axudas están cofinanciadas no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, eixe 1 «Potenciar a investigación, o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación», prioridade de inversión 1b «O fomento do investimento empresarial en I+i, o desenvolvemento de vínculos e sinerxías entre as empresas, os centros de investigación e desenvolvemento e o sector do ensino superior, en particular mediante o fomento do investimento no desenvolvemento de produtos e servizos, a transferencia de tecnoloxía, a innovación social, a innovación ecolóxica, as aplicacións de servizo público, o estímulo da demanda, a interconexión en rede, as agrupacións e a innovación aberta a través dunha especialización intelixente, e mediante o apoio á investigación tecnolóxica e aplicada, liñas piloto, accións de validación precoz dos produtos, capacidades de fabricación avanzada e primeira produción, en particular, en tecnoloxías facilitadoras esenciais e difusión de tecnoloxías polivalentes». Obxectivo específico 1.2.3. «Fomento e xeración de coñecemento de fronteira, desenvolvemento de tecnoloxías emerxentes, tecnoloxías facilitadoras esenciais e coñecemento orientado aos retos da sociedade».

O pagamento destas axudas realizarase conforme o establecido no artigo 23 da resolución de convocatoria.

Para a xustificación da subvención deberase presentar a documentación indicada no artigo 22 da convocatoria nos prazos establecidos no punto 2 do citado artigo (modificado pola Resolución do 25 de outubro de 2016, publicada no DOG núm. 207, do 31 de outubro).

2. Denegar a axuda solicitada pola Universidade da Coruña (IN853A-2016/07) por non ter acadado a puntuación mínima de 60 puntos establecida na convocatoria para ser financiable.

Nº de exp.

Modalidade

Representante UMI Solicitante

NIF

Integrantes UMI

Denominación UMI

IN853A-2016/07

Nova UMI

UDC

Q6550005J

UDC

Emalcsa

Unidade mixta de investigación UDC-Emalcsa «plataforma Dusa»

Contra esta resolución, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente, poderán interpor recurso de alzada no prazo dun mes desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ante o presidente da Axencia Galega de Innovación.

Santiago de Compostela, 23 de novembro de 2016

O director da Axencia Galega de Innovación
P.S. (Orde do 8.7.2016; DOG núm. 131, do 12 de julio)
Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANEXO

Nº de

expediente

Modalidade

Representante

UMI

NIF

Integrantes UMI

Denominación UMI

% axuda

Feder

Orzamento subvencionable

Ano 2016

(€)

Ano 2017

(€)

Ano 2018

(€)

Ano 2019

(€)

Total

(€)

Subvención

IN853A-2016/09

Nova UMI

CTAG

G36871424

CTAG
MGI Coutier España, S.L.

Unión MGI-CTAG

30 %

Si

Orzamento total

96.412,83

1.197.391,99

453.541,56

386.145,82

2.133.492,20

Subvención

28.923,85

359.217,60

136.062,47

115.843,75

640.047,66

IN853A-2016/08

Nova UMI

ANFACO-CECOPESCA

G36625309

ANFACO-CECOPESCA
Emenasa Industria y Automatismos, S.A.

Baliño, S.A.

FFF4P- Future Food Factory 4P

30 %

Si

Orzamento total

5.000,00

956.146,17

493.174,76

556.809,06

2.011.129,99

Subvención

1.500,00

286.843,86

147.952,43

167.042,72

603.339,00

IN853A-2016/06

Nova UMI

AIMEN

G36606291

AIMEN
Centro Tecnológico de Grupo

Copo, S.L.U.
Copo

Galicia, S.L.

Highppe: Tech. Avanzadas para o desenvolvemento de novos materiais poliméricos expandidos para aplicacións de altas prestacións

30 %

Si

Orzamento total

58.480,00

1.317.598,52

649.368,84

765.752,64

2.791.200,00

Subvención

17.544,00

395.279,56

194.810,65

229.725,79

837.360,00

IN853A-2016/05

Nova UMI

CINAE

G27825439

CINAE
Aistech

Space, S.L.

A fábrica do futuro aplicada ao desenvolvemento dunha constelación de satélites de observación, comunicacións e control

30 %

Si

Orzamento total

41.417,00

1.359.912,17

569.111,40

356.559,44

2.327.000,00

Subvención

12.425,10

407.973,65

170.733,42

106.967,83

698.100,00

IN853A-2016/10 -

Consolidación UMI

CTAG

G36871424

CTAG
Borgwarner Emissions Systems Spain, S.L.

Consolidación da UMI Borgwarner-CTAG: novos produtos e tecnoloxías de automoción para redución de emisións

30 %

Si

Orzamento total

12.260,00

1.586.400,58

655.242,71

791.506,28

3.045.409,58

Subvención

3.678,00

475.920,17

196.572,81

237.451,88

913.622,87

IN853A-2016/03

Nova UMI

Gradiant

G36997229

Gradiant
Netex Knowledge Factory, S.L.

Smart lifelong learning para a industria do futuro e a sociedade do coñecemento

30 %

Si

Orzamento total

129.981,00

1.258.905,41

456.476,77

381.777,82

2.227.141,00

Subvención

38.994,30

377.671,62

136.943,03

114.533,35

668.142,30

IN853A-2016/11

Nova UMI

Energylab

G277119913

Energylab
Gas Natural SDG, S.A.
Gas Natural Fenosa Engineering, S.L.U.

Unidade mixta de gas renovable

30 %

Si

Orzamento total

22.970,00

849.342,38

723.083,98

511.448,95

2.106.845,31

Subvención

6.891,00

254.802,71

216.925,19

153.434,68

632.053,59