Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Xoves, 15 de decembro de 2016 Páx. 54700

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Vilagarcía de Arousa

EDICTO (620/2015).

Divorcio contencioso 620/2015

Procedemento de orixe: /

Sobre divorcio contencioso

Demandante: Manuel Alberto Romero Padín

Procuradora: Margarita Pereira Rodríguez

Avogado: Francisco Javier Iglesias Canitrot

Demandada: Yamile Salazar Zapata

Eu, Raquel Romero Iglesias, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Vilagarcía de Arousa, mediante este edicto, anuncio que no presente procedemento DCT 620/2015, seguido por instancia de Manuel Alberto Romero Padín fronte a Yamile Salazar Zapata, ditouse sentenza, cuxa decisión é a seguinte:

«Sentenza 102/2016.

Decido:

Que debo declarar e declaro a disolución por divorcio do matrimonio formado por Manuel Alberto Romero Padín e Yamile Salazar Zapata que consta inscrito no Rexistro Civil de Vilagarcía de Arousa, con todos os efectos legais que a dita declaración comporta.

Non se aprecian méritos bastantes para efectuar unha especial imposición das custas procesuais.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes.

Modo de impugnación. A presente resolución non é firme e contra ela cabe interpoñer recurso de apelación no prazo de vinte días perante este mesmo xulgado.

Comuníqueselle de oficio a presente resolución ao Rexistro Civil de Vilagarcía de Arousa, para a súa inscrición á marxe do matrimonio dos cónxuxes.

Así o acorda, manda e asina Carmen Miranda Vieites, xuíza substituta do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Vilagarcía de Arousa».

Ao se encontrar a dita demandada, Yamile Salazar Zapata, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Vilagarcía de Arousa, 21 de xuño de 2016

A letrada da Administración de xustiza