Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Venres, 16 de decembro de 2016 Páx. 54880

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 1 de decembro 2016 pola que se publica a concesión dos premios extraordinarios nas ensinanzas artísticas profesionais nas modalidades de música, danza e de artes plásticas e deseño na Comunidade Autónoma de Galicia, correspondentes ao curso 2015/16, convocados pola Orde do 14 de xullo de 2016 (Diario Oficial de Galicia do 2 de agosto).

A Orde do 14 de xullo de 2016 pola que se convocan os premios extraordinarios nas ensinanzas artísticas profesionais nas modalidades de música, danza e de artes plásticas e deseño na Comunidade Autónoma de Galicia, correspondentes ao curso 2015/16, establece no seu artigo 11.1, que o titular da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa elevará a proposta feita polo xurado de selección ao conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que emitirá a correspondente resolución de adxudicación para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Unha vez resolta a convocatoria, publicadas as cualificacións provisionais obtidas polos candidatos e candidatas no portal educativo https://www.edu.xunta.es, resoltas as reclamacións presentadas, vista a acta coa proposta definitiva do tribunal de adxudicación dos premios extraordinarios e por proposta do director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa,

RESOLVO:

Primeiro. Conceder os premios extraordinarios nas ensinanzas artísticas profesionais nas modalidades de música, danza e de artes plásticas e deseño na Comunidade Autónoma de Galicia, correspondentes ao curso 2015/16 ao alumnado que figura no anexo desta resolución.

Segundo. Esta resolución de adxudicación dos premios poderá ser impugnada mediante recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da data de publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente mediante recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses desde tal publicación, segundo prevé o artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 1 de decembro de 2016

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO
Premios extraordinarios nas modalidades de música, danza e de artes plásticas e deseño na Comunidade Autónoma de Galicia, correspondentes ao curso 2015/16

Modalidade de música

Sol.

Apelidos e nome

Centro de estudos

Importe

111027

Neva Collazo, Pablo

CMUS Profesional Manuel Quiroga

850 €

103593

Vilar López, Andrea

CMUS Profesional Xoán Montes

850 €

125997

Sánchez Morales, Beatriz

CMUS Profesional da Coruña

850 €

Modalidade de danza

Sol.

Apelidos e nome

Centro de estudos

Importe

126830

García Flores, Germán

CDAN Profesional da Deputación Provincial da Coruña

850 €

Modalidade de artes plásticas e deseño

Sol.

Apelidos e nome

Centro de estudos

Importe

137703

Fernández Gandansegui, Sonia

EASD Mestre Mateo

850 €

127338

Freijomil Lorenzo, Fátima

Centro de Artes Aula D de Vigo

850 €