A Cámara Oficial de Comercio de Santiago de Compostela anuncia a apertura de convocatoria que ten por obxecto promover a participación no programa Plan internacional de promoción, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder, período 2014-2020) da Unión Europea nas seguintes accións:
1. Visita a Feira IPM de Essen (22-28 xaneiro 2017). Convocatoria prevista en decembro 2016.
2. Exhibición na Feira IPM de Essen (23-28 xaneiro 2017). Convocatoria prevista en decembro 2016.
3. Visita a Feira «Les Salons du Tourisme» de París (15-20 marzo 2017). Convocatoria prevista en xaneiro 2017.
Primeiro. Beneficiarios
Pemes da Comunidade Autónoma de Galicia.
Segundo. Obxecto
O obxecto da convocatoria é a selección de operacións realizadas polas pemes que contribúan a promover a súa internacionalización e mellorar a súa competitividade, co obxectivo de mellorar a propensión para exportar e a base exportadora da economía española, diversificar os mercados de destino da exportación española e incrementar a competitividade da economía española para impulsar España como destino de investimento.
Terceiro. Convocatoria
O texto completo da convocatoria estará á disposición das empresas na sede da Cámara de Santiago de Compostela. Ademais, pode consultarse a través da web www.camaracompostela.com
Cuarto. Contía
A contía máxima das axudas para outorgar con cargo a estas convocatorias para o período 2014-2020 é de:
– Visita Feira IPM Essen: 10.400 €.
– Exhibición en Feira IPM Essen: 10.400 €.
– Visita Salon Tourisme de París: 9.600 €.
En concepto de subvencións. As axudas serán cofinanciadas nunha porcentaxe de 80 % con cargo aos fondos Feder, a través do «Programa operativo de crecemento intelixente 2014-2020», e o resto financiarase con cargo ás empresas participantes.
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para a presentación de solicitudes ábrese o día seguinte ao da publicación deste anuncio e finalizará o día marcado en cada convocatoria. O modelo de solicitude de participación poderá descargarse na web: www.camaracompostela.com
Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2016
Jesús Asorey Carril
Presidente da Cámara Oficial de Comercio de Santiago de Compostela