Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Martes, 20 de decembro de 2016 Páx. 55200

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 2 de decembro de 2016, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se fai pública a Resolución do 1 de decembro de 2016 de autorización de cambio de actividade de forestal a agrícola das parcelas 180, 200 e 212 do polígono 327, do termo municipal de Lugo.

En cumprimento do establecido no artigo 48 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, faise público que, de acordo co establecido no artigo 60.1.c) da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, a Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo autorizou, mediante a Resolución do 1 de decembro de 2016, o cambio de actividade de forestal a agrícola nas parcelas 180, 200 e 212 do polígono 327 do termo municipal de Lugo.

O proxecto foi sometido previamente á avaliación ambiental simplificada e o informe de impacto ambiental foi formulado con data do 10.10.2016. O anuncio foi publicado no DOG núm. 225, do 24 de novembro.

Lugo, 2 de decembro de 2016

José Ramón Losada Fernández
Xefe territorial de Lugo