Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Martes, 20 de decembro de 2016 Páx. 55214

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 18 de novembro de 2016 polo que se fai pública a resolución ditada no expediente sancionador DH.D15.49204 e un máis, en materia de dominio público hidráulico.

O director de Augas de Galicia ditou resolucións nos expedientes sancionadores referidos no anexo por infraccións en materia de dominio público hidráulico.

Unha vez intentada a notificación das ditas resolucións por correo certificado con aviso de recepción nos enderezos que constan no expediente, foron devoltas polo servizo de Correos. Por tanto, e de acordo co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, mediante este anuncio notifícanse as resolucións aos interesados e fáiselles saber que unha copia delas están á súa disposición nas oficinas de Augas de Galicia (praza de Camilo Díaz Baliño 7-9, 15781 Santiago de Compostela) e que se lles outorga un prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao desta publicación no Boletín Oficial del Estado, para os efectos de comparecer nestas oficinas para proceder á notificación das ditas resolucións, tempo durante o cal poderán interpor recurso de alzada ante o presidente de Augas de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de novembro de 2016

Roberto Rodríguez Martínez
Director de Augas de Galicia

ANEXO

Expediente

Interesados

Enderezo

Data da resolución

Sentido da resolución

DH.D15.49204

Sacyr Construcciones, S.A.

r/ Varsovia 4C -1º Área Central

15707 Santiago de Compostela

9.9.2016

Caducidade

DH.D15.49209

Olga María Puñal Rojo

Maio Pequeno-Liñaio

15830 Negreira

9.9.2016

Caducidade