Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Mércores, 21 de decembro de 2016 Páx. 55353

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 24 de novembro de 2016, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica nos concellos de Meira e Riotorto (expediente IN407A 2016/90-2, 8399 AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310), e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310), sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Begasa.

Domicilio social: parque empresarial As Gándaras, r/ A, parcela U2, Lugo.

Denominación: substitución de apoios LP Pontenova/A39771/A61035/Vans 53-54-55.

Situación: concellos de Meira e Riotorto.

Características técnicas:

1. LMT aérea Pontenova a 20 kV con orixe no apoio existente P-53 e final no apoio proxectado P-55, cunha lonxitude de 257 metros en condutor tipo LA-110.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, sita na rolda da Muralla, nº 70, baixo 2, Lugo, no prazo de vinte (20) días a partir do seguinte ao da última publicación desta resolución.

Lugo, 24 de novembro de 2016

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo