Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Mércores, 21 de decembro de 2016 Páx. 55344

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ACORDO do 22 de novembro de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello da Coruña (expediente IN407A 2016/2999-1).

Expte.: IN407A 2016/2999-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: recuamento LMTS EIR-709 Salvador de Madariaga.

Concello: A Coruña.

Características técnicas:

Tramo de liña de media tensión subterránea entre o CT Salvador de Madariaga, nº 79 e o CT. Políg. Elviña, nº 2, a 15 kV, cunha lonxitude de 0,134 km, condutor tipo RHZ1-20L 12/20 kV 1×240 mm2 AI con orixe en cela existente no CT Salvador de Madariaga, nº 79 (expediente 156/04) e final en empalmes proxectados na LMTS EIR-709, no tramo entre o CT Salvador de Madariaga, nº 79 (expediente 156/04) e o CT polígono de Elviña, nº 2 (expediente 29.195).

Lexislación de aplicación:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construcción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2-2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 22 de novembro de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña