Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Mércores, 21 de decembro de 2016 Páx. 55255

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Instituto Galego de Promoción Económica

ACORDO do 15 de decembro de 2016, do Consello de Dirección, relativo ao cesamento e nomeamento do director xeral deste instituto.

O Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica, na súa reunión do día 15 de decembro de 2016, en virtude do previsto no artigo 12 da Lei 5/1992, do 10 de xuño, de creación do Instituto Galego de Promoción Económica, e no artigo 10 do Decreto 317/1992, do 12 de novembro, que aproba o seu regulamento, por proposta do seu presidente, adoptou o acordo polo que cesa Javier Aguilera Navarro como director xeral, con efectos do día 15 de decembro de 2016, agradecéndolle os servizos prestados; e se nomea para o citado cargo a Juan Manuel Cividanes Roger, con efectos a partir do día 16 de decembro de 2016.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Santiago de Compostela, 15 de decembro de 2016

Pablo Casal Espido
Secretario do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica