Cédula de citación.
No procedemento de referencia ditouse a resolución do teor literal seguinte:
«Sentenza.
Ferrol, 19 de xuño de 2015
Vistos por Elvira Méndez Ibias, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Ferrol, os presentes autos de xuízo verbal sobre reclamación de cantidade, seguidos neste xulgado co número 336/2015, por instancia da comunidade de propietarios da rúa Chantado nº 38 de Narón, representada pola procuradora Sra. Vidal Castiñeira e asistida do letrado Sr. Cardona Cid, contra Manuel Vilela Pazos, en rebeldía; dítase a presente sentenza.
Resolución:
Estímase integramente a demanda presentada pola procuradora Sra. Vidal Castiñeira, en representación da comunidade de propietarios da rúa Chantado nº 38 de Narón, contra Manuel Vilela Pazos, cos seguintes pronunciamentos:
– Condénase o demandado a aboar á comunidade de propietarios demandante a cantidade de 2.468,42 euros, máis os xuros legais desde a presentación da demanda (14 de abril de 2015) ata a sentenza e, desde esta, os xuros procesuais.
– Condénase o demandado ao pagamento das custas.
Notifíquese esta sentenza ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe recurso.
Así o acordo, mando e asino».
E como consecuencia do ignorado paradoiro de Manuel Vilela Pazos, expídese este edicto para que sirva de cédula de notificación.
Ferrol, 21 de setembro de 2015
O/a secretario/a xudicial