Notifícaselle á interesada, de conformidade co establecido nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a resolución do expediente sancionador que a continuación se relaciona, anexo, ao seren devoltas polo servizo de Correos as notificacións enviadas no seu día.
Contra a resolución do expediente de referencia, que non pon fin á vía administrativa, a interesada poderá interpor recurso de alzada, ante a Secretaría Xeral de Emprego da Consellería de Economía, Emprego e Industria (San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela), a partir do día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co disposto no artigo 121 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no artigo 23 do Real decreto 928/1998, do 14 de maio (BOE do 3 de xuño), polo que se aproba o Regulamento xeral sobre procedementos para a imposición de sancións por infraccións de orde social. O recurso interporase ante o órgano que ditou o acto ou ante o competente para resolvelo.
Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme para todos os efectos.
Para o coñecemento do texto íntegro do acto que se notifica, a interesada poderá comparecer no prazo máximo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o Servizo de Emprego e Economía Social desta xefatura territorial, sito na avenida da Habana, 79, 7º de Ourense.
Ourense, 17 de novembro de 2016
Alfonso Tomás Paz Doniz
Xefe territorial de Ourense
ANEXO
|
Nº expte. |
Nº acta de infracción |
Nome ou razón social |
NIF/CIF |
Último domicilio coñecido |
Data da resolución |
Importe da sanción |
|
49/16 |
I322016000016140 |
Canteras Industriales del Bierzo, S.A. |
A28700383 |
Avda. Bierzo, 73 24400 Ponferrada (León) |
8.10.2016 |
626,00 € |


