Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Mércores, 28 de decembro de 2016 Páx. 56288

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia

CÉDULA do 15 de decembro de 2016 pola que se fan públicas as resolucións relativas aos expedientes de avaliación previa á contratación de profesorado universitario polas universidades de Galicia, relativas á convocatoria publicada a través da Resolución do 25 de abril de 2016 (Diario Oficial de Galicia do 24 de maio).

De conformidade co disposto nos artigos 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, fanse públicas as resolucións relativas aos expedientes de avaliación previa á contratación de profesorado universitario polas universidades de Galicia, relativas á convocatoria publicada a través da Resolución do 25 de abril de 2016 (DOG do 24 de maio), e que, intentada a súa notificación no domicilio indicado polo interesado, non se puido practicar. Estas resolucións foron ditadas polo presidente da Comisión Galega de Informes, Avaliación, Certificación e Acreditación (CGIACA) da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, en virtude das competencias que ten atribuídas nos estatutos da ACSUG aprobados por Resolución do 10 de decembro de 2008 (DOG do 20 de xaneiro de 2009).

A persoa citada no anexo deberá comparecer persoalmente ou debidamente representada, no prazo de dez días contados desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, na sede da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (5ª planta do CIFP Compostela; Lamas de Abade, s/n, 15702, Santiago de Compostela), para ter coñecemento do contido das resolucións e deixar constancia da notificación, advertindo que, en caso de no comparecer no prazo indicado, se considerarán notificadas cos efectos que correspondan.

A resolución de recurso pon fin á vía administrativa e poderá ser impugnada directamente en vía contencioso-administrativa, de conformidade co artigo 25 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación.

Santiago de Compostela, 15 de decembro de 2016

Miguel Ángel Santos Rego
Presidente da Comisión Galega de Informes, Avaliación, Certificación e Acreditación
da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia

ANEXO

Nome

Identificación

Expediente

José Pablo González Coma

73241488N

018-1A/16-008/PAD

Liliana García Lago

36141349T

028-1A/16-011/PCD

Carlos Manuel Teixeira Nogueira

Y3147040X

072-1A/16-033/PCD

María Manuela Costa da Silva

Y4204678Q

219-1A/16-096/PCD

Fernando Bruna Quintas

36087560P

323-1A/16-142/PCD

Carles Dulsat Ortiz

77607383R

335-1A/16-128/PAD

Mônica Heloane Carvalho de Sant´Anna

54380439K

355-1A/16-157/PCD