Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Xoves, 29 de decembro de 2016 Páx. 56326

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Política Social

ORDE do 22 de decembro de 2016 pola que se dispón o nomeamento dos vogais do Consello Reitor da Axencia Galega de Servizos Sociais.

De conformidade co disposto no artigo 34 da Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, con data do 4 de abril de 2014, publícase o Decreto 40/2014, do 20 de marzo, polo que se crea a Axencia Galega de Servizos Sociais e se aproban os seus estatutos. A Axencia Galega de Servizos Sociais, ente instrumental da Administración autonómica, ten por obxecto a xestión dos servizos públicos en materia de servizos sociais, de acordo co previsto na dita Lei 13/2008, do 3 de decembro.

Na súa organización, o Consello Reitor configúrase como o órgano superior da dita entidade. Os seus membros, nos termos establecidos polo artigo 10 do anexo do referido Decreto 40/2014, do 20 de marzo, que recolle os estatutos da Axencia Galega de Servizos Sociais, serán nomeados pola persoa titular da consellería competente en materia de servizos sociais.

O Consello Reitor estará integrado polos seguintes membros:

a) A persoa titular da consellería competente en materia de servizos sociais, que o presidirá.

b) A persoa titular da Dirección da Axencia, que exercerá a Vicepresidencia e substituirá a presidenta ou presidente en casos de ausencia, enfermidade ou outra causa legal.

c) Nove persoas en representación da Administración autonómica, entre as persoas titulares dos órganos superiores ou de dirección de cada unha das consellerías da Xunta de Galicia que se indica.

A designación destes membros axustarase ás seguintes previsións:

1º. Seis destas persoas en representación da consellería competente en materia de servizos sociais serán nomeadas e cesadas directamente pola persoa titular da dita consellería.

2º. Unha persoa en representación da consellería competente en materia de sanidade, cuxo nomeamento e cesamento se realizará por proposta da persoa titular da consellería competente en materia de sanidade.

3º. Unha persoa en representación da consellería competente en materia de educación, cuxo nomeamento e cesamento se realizará por proposta da persoa titular da consellería competente en materia de educación.

4º. Unha persoa en representación da consellería competente en materia de facenda, cuxo nomeamento e cesamento se realizará por proposta da persoa titular da consellería competente en materia de facenda.

d) Cinco persoas en representación dos concellos de Galicia, cuxo nomeamento e cesamento se realizará por proposta da Federación Galega de Municipios e Provincias.

Unha vez efectuadas as designacións dos membros de acordo co establecido na devandita norma, procede facer o seu nomeamento que, para xeral coñecemento, se publicará no Diario Oficial de Galicia.

Por todo isto, en virtude das atribucións que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e o Decreto 40/2014, do 20 de marzo, polo que se crea a Axencia Galega de Servizos Sociais e se aproban os seus estatutos,

RESOLVO:

Artigo único. Nomeamentos

Nomear como membros do Consello Reitor da Axencia Galega de Servizos Sociais as seguintes persoas:

a) En representación da Administración autonómica:

1º En representación da consellería con competencias en materia de servizos sociais:

Membro titular: Francisco Javier Abad Pardo, secretario xeral técnico da Consellería de Política Social. Membro suplente: Camilo Ríos Gestal, vicesecretario xeral da Consellería de Política Social.

Membro titular: Fabiola García Martínez, directora xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade. Membro suplente: María del Carmen Calviño Rodríguez, subdirectora xeral de Recursos Residenciais e de Atención Diúrna.

Membro titular: Arturo Parrado Puente, director xeral de Inclusión. Membro suplente: Ana María Aboy Fernández, subdirectora xeral de Inclusión Social.

Membro titular: Cecilia Vázquez Suárez, directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado. Membro suplente: Yolanda Otero Balsa, subdirectora xeral de Programas para a Xuventude.

Membro titular: Jacinto Álvarez Somoza, subdirector xeral de Coordinación Administrativa. Membro suplente: Eduardo Mato Montero, subdirector xeral de Persoal.

Membro titular: Isabel Martínez Pellicer, subdirectora xeral de Demografía e Conciliación. Membro suplente: María Emmanuela Díaz Castro-Rial, subdirectora xeral de Política Familiar, Infancia e Adolescencia.

2º. En representación da consellería competente en materia de sanidade:

Membro titular: Jorge Aboal Viñas, director xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas. Suplente: Alfonso Alonso Fachado, subdirector xeral de Planificación e Programación Asistencial.

3º. En representación da consellería competente en materia de educación:

Membro titular: José Manuel Pinal Rodríguez, director xeral de Centros e Recursos Humanos. Suplente: María del Pilar García Otero, vicesecretaria xeral da Secretaría Xeral Técnica.

4º. En representación da Consellería de Facenda:

Membro titular: Miguel Corgos López-Prado, director xeral de Planificación e Orzamentos. Suplente: María José Villaverde Gómez, subdirectora xeral de Custos de Persoal.

b) En representación dos concellos de Galicia:

1º. Membro titular: José Luis García García, alcalde de Brión. Suplente: María Rosa Romero Fariña, concelleira de Brión.

2º. Membro titular: Ana González Abelleira, concelleira de Lugo. Suplente: María del Carmen Basadre Vázquez, 3ª tenente alcalde do concello de Lugo.

3º. Membro titular: Antonio Fernández Angueira, alcalde de Padrón. Suplente: Jorge Cubela López, alcalde de Cotobade.

4º. Membro titular: María do Carme Fouces Díaz, concelleira de Pontevedra. Suplente: María Carmen Ures García, concelleira de Carballo.

5º. Membro titular: Óscar Benito Portela Fernández, alcalde de Sada. Suplente: Marcos David Besada Pérez, alcalde de Salceda de Caselas.

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

A presente orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de decembro de 2016

José Manuel Rey Varela
Conselleiro de Política Social