Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Xoves, 29 de decembro de 2016 Páx. 56495

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 1138/2013).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 1138/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Jose Eloy Bouzon Salteiro contra a empresa Bosquexo Solucións Integrais na Construcción, S.L., ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se achega:

«Que, estimando integramente a demanda interposta por José Eloy Bouzón Salteiro contra Bosquexo Solucións Integrais na Construcción, S.L., Pablo Fraga Varela (administrador concursal) e contra o Fogasa, debo condenar e condeno a Bosquexo Solucións Integrais na Construcción, S.L. a aboarlle ao demandante a suma de 12.842,34 euros polos conceptos indicados no feito probado terceiro desta resolución, máis os xuros previstos no artigo 29.3 do ET desde a presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución e os do artigo 576 da LAC a partir desta resolución sobre a cantidade de 10.410,49 euros, correspondente aos conceptos salariais, e os do artigo 1108 do Código civil desde a presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución sobre a cantidade de 2.431,85 euros correspondente a indemnización; condeno, así mesmo, a Pablo Fraga Varela, na súa única condición de administrador concursal de Bosquexo Solucións Integrais na Construcción, S.L., a avirse á devandita declaración.

No que atinxe á responsabilidade do Fogasa, deberá observarse que resulte da aplicación do artigo 33 o ET, con notificación da presente resolución.

Notifíquese ás partes a presente resolución, facéndolles saber que fronte a ela cabe recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación».

E para que sirva de notificación en legal forma a Bosquexo Solucións Integrais na Construcción, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de decembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza