Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Venres, 30 de decembro de 2016 Páx. 57085

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 30 de novembro de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia no expediente sancionador CON-PO-0230/2016 e tres mais.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei, 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles ás persoas relacionadas no anexo os actos que se indican, logo de que fosen devoltos polo servizo de Correos por resultar descoñecidos os seus destinatarios ou porque, intentadas dúas veces as notificacións, estas non se puideron efectuar.

Segundo se establece no artigo 46 da citada lei, os interesados dispoñen dun prazo de 10 días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para examinar estes actos na sede desta xefatura territorial, situada na rúa Fernández Ladreda, 43, 4ª planta, de Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Os actos foron adoptados por quen se indica no anexo.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Pontevedra, 30 de novembro de 2016

O xefe territorial de Pontevedra
P.A.
Mª Dolores Bazán Arcay
Xefa do Servizo de Calidade e Avaliación Ambiental

ANEXO

Expediente

Interesado

Acto notificado

Acto adoptado por

CON-PO-0230/2016

Miguel Cofan Salgado

Proposta

Instrutora

CON-PO-0231/2016

Rosa María Paulo dos Reis

Proposta

Instrutora

CON-PO-0239/2016

Iván Veiga González

Proposta

Instrutora

CON-PO-0249/2016

Dario Manuel Blanco Navia

Resolución

Xefe territorial