Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Venres, 30 de decembro de 2016 Páx. 57096

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 20 de decembro de 2016, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica a resolución de axuda regulada na Orde do 28 de decembro de 2015 (Diario Oficial de Galicia do 29 de decembro), relativa ao expediente TR341D 2016/133-3.

Intentada a notificación da resolución ditada polo xefe territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Ourense, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e o establecido no artigo 46 do mesmo texto legal, notifícaselle á persoa interesada o contido da dita resolución como figura no anexo para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber que a dita resolución pon fin á vía administrativa e contra ela cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado (BOE), ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, así como, con anterioridade e con carácter potestativo, poderá interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación no BOE, ante esta xefatura territorial. Todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións publicas.

O interesado, durante este prazo, poderá presentarse ante o Servizo de Emprego e Economía Social da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria en Ourense, sito na avenida da Habana, 79-7º andar, de Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer integramente o contido da resolución.

Ourense, 20 de decembro de 2016

Alonso Tomás Paz Dóniz
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Nº de expediente: TR341D 2016/000133-3.

Nome ou razón social: Juan Bautista Cid Baltar.

DNI/NIF/NIE/CIF: 34984487S.

Último domicilio coñecido: r/ Cabeza de Manzaneda, nº 22, 1º D, 32005 Ourense.

Tipo de axuda: subvención polo establecemento como persoa traballadora autónoma ou por conta propia.

Contido da resolución: revogatoria.

Orde da convocatoria das axudas: Orde do 28 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa para promoción do emprego autónomo, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2016 (Diario Oficial de Galicia do 29 de decembro).

Dada da resolución: 21 de outubro de 2016.