Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Venres, 30 de decembro de 2016 Páx. 57087

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ACORDO do 21 de novembro de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Cerceda (expediente IN407A 2016/3008-1).

Expediente: IN407A 2016/3008-1.

Solicitante: UDESA.

Denominación: modificación CT PF O Alto do Vilar.

Concello: Cerceda.

Características técnicas:

– LMTA a 20 kV, de 12 m, condutor tipo RHVS 12/20 kV 3×(1×95 Al) H16/50 Ac, con orixe na cela de liña proxectada no PF O Alto do Vilar e final no CT intemperie proxectado.

– Novo CTI O Alto do Vilar, cunha potencia de 160 kVA, unha relación de transformación de 20.000/400-230 V e configuración.

– Cela de liña interruptor-seccionador illada en gas SF6 no punto fronteira existente P.F. O Alto do Vilar.

Lexislación de aplicación:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 21 de novembro de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña