Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Venres, 30 de decembro de 2016 Páx. 56578

II. Autoridades e persoal

a) Cesamentos

Consellería do Mar

DECRETO 186/2016, do 29 de decembro, polo que se dispón que cese Juan Carlos Maneiro Cadillo como director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica.

En virtude do establecido nos artigos 4.13 e 34.2 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e no 28 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, por proposta da conselleira do Mar, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vinte e nove de decembro de dous mil dezaseis,

DISPOÑO:

Que cese Juan Carlos Maneiro Cadillo, como director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, agradecéndolle os servizos prestados.

Santiago de Compostela, vinte e nove de decembro de dous mil dezaseis

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Rosa María Quintana Carballo
Conselleira do Mar