Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Luns, 2 de xaneiro de 2017 Páx. 102

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 1 de decembro de 2016, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica a resolución de cancelación dunha inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia (expediente LU-2014/0011).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE núm. 12, do 14 de xaneiro), e pola Lei 15/2014, do 16 de setembro (BOE núm. 226, do 17 de setembro), notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo a resolución de cancelación da súa inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, por non ser posible a súa notificación por correo certificado. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

O texto íntegro das resolucións que se notifican, xunto co resto da documentación do expediente, atópanse á disposición das persoas interesadas na Xefatura Territorial de Lugo; rolda da Muralla, 70, 1º, Lugo.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada ante o director xeral de Xustiza, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta notificación. Logo de transcorrer o dito prazo sen que conste a interposición do recurso, a resolución será firme para todos os efectos.

Lugo, 1 de decembro de 2016

José Manuel Rozas Bello
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente

Nome e apelidos

NIF/pasaporte

LU-2014/0011

Josefina Ramos Sánchez

508767382