Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Luns, 2 de xaneiro de 2017 Páx. 83

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo

EDICTO (817/2015).

Sarai Paniagua Acera, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo, fai saber que no presente procedemento de garda, custodia e alimentos, seguido por instancia de Águeda de Diego Álvarez fronte a Manuel Oitavén Vila, se ditou sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

Sentenza nº 524.

Vigo, 24 de outubro de 2016.

María del Carmen Salvador Mateos, maxistrada xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo (Xulgado de Familia) viu os autos seguidos neste xulgado baixo o número 817/2015, sobre garda e custodia e alimentos respecto de fillo menor de idade, por instancia de Águeda de Diego Álvarez, representada pola procuradora dos tribunais Ana María Fernández Núñez e con asistencia letrada de Susana María Sotelino Rodríguez, contra Manuel Oitavén Vila, declarado en rebeldía procesual, e no cal interveu o Ministerio Fiscal, con base nos seguintes:

(Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito).

Vistos os preceptos citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Resolución na demanda interposta pola procuradora dos tribunais Sra. Fernández Núñez, en nome e representación de Águeda de Diego Álvarez, como demandante, contra Manuel Oitavén Vila, declarado en situación de rebeldía, e no cal interveu o Ministerio Fiscal, desestímoa e absolvo o demandado das peticións deducidas na súa contra.

Non se fai especial pronunciamento en canto ás custas.

Modo de impugnación: recurso de apelación no prazo de vinte días desde a notificación desta resolución, ante a Audiencia Provincial.

Este recurso carecerá de efectos suspensivos, sen que en ningún caso proceda actuar en sentido contrario ao resolto (artigo 456.2 LAC).

E ao estar o dito demandado, Manuel Oitavén Vila, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Vigo, 13 de decembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza