Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Luns, 2 de xaneiro de 2017 Páx. 71

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 22 de decembro de 2016 pola que se publica o tipo de xuro para o exercicio 2017 para as operacións acollidas ao Programa de préstamos para financiar proxectos de investimento na Comunidade Autónoma de Galicia con fondos do Banco Europeo de Investimentos (BEI).

Mediante resolucións do 22 de marzo de 2011 e do 22 de outubro de 2015 publicáronse os acordos do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) que aproban o Programa de préstamos para financiar proxectos de investimento na Comunidade Autónoma de Galicia con fondos do Banco Europeo de Investimentos (BEI) (DOG nº 63, do 30 de marzo, e DOG nº 209, do 3 de novembro, respectivamente).

No dito programa establécese que o tipo de xuro de referencia determinarase anualmente segundo a media do Euríbor a un ano rexistrado nos meses de setembro, outubro e novembro do exercicio anterior e que entrará en vigor a partir do 1 de xaneiro de cada ano, o cal debe ser publicado no Diario Oficial de Galicia.

Visto o exposto e unha vez verificados os datos relativos á evolución do Euríbor, en virtude das facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

O tipo de xuro de referencia que se aplicará durante o ano 2017 ás operacións en vigor do Programa de préstamos para financiar proxectos de investimento na Comunidade Autónoma de Galicia con fondos do Banco Europeo de Investimentos (BEI), ao abeiro da Resolución do 22 de marzo de 2011 (DOG nº 63, do 30 de marzo) e da Resolución do 22 de outubro de 2015 (DOG nº 209, do 3 de novembro) será do 0,066 %.

Santiago de Compostela, 22 de decembro de 2016

Juan Manuel Cividanes Roger
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica